Reviravolta é un blog de lingua galega no Ceip P. da Pobra do Brollón. Funcionará como centro de recursos compartidos e promoción das actividades vinculadas coa nosa lingua. Dirixido a toda a nosa cativada.
sábado, 25 de febrero de 2023
Día de Rosalía de Castro
Ao regreso de entroido ( xoves 23 e venres 24 de febreiro) fixemos unha das
homenaxes que máis nos prestan: Rosalía de Castro hoxe e sempre. Realizamos un
mural coa proposta da AELG, fixemos unha lectura grupal no patio, pintamos, investigamos... Co desexo último
de que non perdamos a nosa cultura, a nosa fala e a nosa identidade.



