martes, 17 de mayo de 2022

Xogamos ? " ...pedra pedriña, ben redondiña..."

      COMO SE QUERE UNHA LINGUA? MANTÉNDOA VIVA....FALÁNDOA!!!

      Namorados e namoradas quedamos destes xogos e recitados que recompilaron en cada curso para os nosos patios. Namorados dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desta proposta visual que non sería posible senón fose polo traballo en equipo deste claustro. Mil grazas ás titoras  e mil grazas á implicación da profe Arelis e o profe Christian (💗💗💗💗)


    Aquí vos deixamos  esta proposta tan fermosa  para celebrar o Día das nosas Letras 17 de maio.



                                        



"...E vós que queredes ?...Bailar coma toliños!!!!!"

     A semana da lingua rematou por todo o alto cun gran concerto , nada menos  que...

 "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

    Unha semana intensa onde melloramos o noso galego, onde fixemos un esforzo por ordear as ideas para que fluíran na nosa lingua e onde  comezamos a saber quen era Florencio Delgado. Aquí vos deixo videos e imaxes da visita  TOP TOP que tivemos, incluída a vaca Muxía!!! 

   E non me quero esquecer de que o  concerto comezou con poesía. Fíxose lectura do poema gañador do Certame Xaime Illa deste ano (Na súa categoría). Jose de sexto deixounos pasmados cun poema fermosísimo.

 Parabéns JOSE de parte de todos e todas!!!!!













miércoles, 4 de mayo de 2022

O MAIO DE VIÑAS

     Damos comezo ao mes de maio celebrando unha das nosas festas preferidas no cole : OS MAIOS. Hoxe día 4 de maio lucíu colorido e fermoso no patio do cole. Cada grupo foi cantando as súas coplas ao ritmo das claves que este ano falaban de cansancio, das ganas de vacacións, do proxecto das emocións, dos consellos das profes, do estrés...
    Coma sempre os maiores do centro os máis satíricos nas súas rimas, repaso a profesorado a xa amosando a pena de marchar.
    Aquí vos deixamos algunha fotiño da calebración e tamén do Maio de Viñas que este ano quedou ESPECTACULAR!!!