martes, 17 de mayo de 2022

"...E vós que queredes ?...Bailar coma toliños!!!!!"

     A semana da lingua rematou por todo o alto cun gran concerto , nada menos  que...

 "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

    Unha semana intensa onde melloramos o noso galego, onde fixemos un esforzo por ordear as ideas para que fluíran na nosa lingua e onde  comezamos a saber quen era Florencio Delgado. Aquí vos deixo videos e imaxes da visita  TOP TOP que tivemos, incluída a vaca Muxía!!! 

   E non me quero esquecer de que o  concerto comezou con poesía. Fíxose lectura do poema gañador do Certame Xaime Illa deste ano (Na súa categoría). Jose de sexto deixounos pasmados cun poema fermosísimo.

 Parabéns JOSE de parte de todos e todas!!!!!